Sobre mín

galego | español | english

Nacín nunha pequena aldea da comarca de Chantada (Lugo) e desde os 14 anos acompáñame no meu devagar cotiá unha cámara fotográfica, máis ou menos pequena, máis o menos boa, pero que me permita sempre fixar aquelas esceas que de cando en vez se me presentan.

Fun aprendendo entre acertos e erros, entres libros (moitos libros) ollando revistas de fotografía, despois intégrome na Asociación Fotocinematográfica Fonmiñá de Lugo, onde os meus compañeiros me axudan a pasa-la reválida e escomenzar a camiñar en solitario.

Fai anos que escollin o branco e negro como o meu medio preferido de expresión, e en plena voráxine de fotografía numérica, ainda sigo pelexándome cos meus rollos arxénticos no pequeno cuarto escuro.

Comenzo en solitario esta andaina para compartir convosco a través de este medio de comunicación as vivencias acumuladas nos meus anos de mirón.
autoretrato fotos Xosé Manuel Otero Lugo, fotógrafos profesionales lugo